Actividades extraescolares
Propostas deportivas, artísticas e formativas.
As actividades extraescolares do Colexio Torre de Lemos complementan a formación académica do alumnado e favorecen o seu desenvolvemento persoal, social, creativo e deportivo nun contorno coñecido e seguro.
Escola de música
Formación musical para alumnado interesado en iniciarse ou perfeccionar a práctica instrumental e vocal.
Escola de ballet
Disciplina clásica que desenvolve a técnica, a postura e a sensibilidade artística.
Natación
Actividade acuática para alumnado de Infantil e Primaria.
Deportes
Práctica deportiva orientada ao traballo en equipo, o esforzo e os hábitos de vida saudables.
Escola de Baile
Sesións dinámicas de baile orientadas á expresión corporal, o ritmo e o traballo en grupo.
Grupo de acción social
Iniciativas solidarias e de compromiso coa contorna que fomentan os valores e a cidadanía activa.
Radio escolar
Recurso pedagóxico e comunicativo que favorece o desenvovemento das competencias expresivas, sociais e tecnolóxicas do alumnado mediante a producción e difusión de contidos radiofónicos relacionados coa vida do centro a través de internet.
Grupos de inglés
Mellora e reforza as competencias do alumnado desde EI nas competencias en lingua inglesa a través de métodos prácticos, lúdicos e comunicativos.
Estimulación logopédica
Actividades e estratexias para favorecer o desenvolvemento e a mellora da linguaxe, a fala e a comunicación dirixidas a alumnado de EI e EP ao alcance de todas as familias do centro.

Actividades complementarias

Ao longo do curso o colexio organiza experiencias que conectan o alumnado coa cultura, a contorna e a participación en iniciativas educativas.

  1. Visitas e excursións didácticas
  2. Certames literarios, culturais e deportivos
  3. Obras de teatro e contacontos
  4. Concursos escolares
  5. Preparación de exames Cambridge


Información práctica

  1. Actividades en horario de tarde.
  2. Inscrición a través de Secretaría ao inicio do curso.
  3. Posibilidade de altas e baixas trimestrais segundo dispoñibilidade.
  4. Actividades suxeitas a un número mínimo de participantes.


Documento de actividades

© 2026 Colexio Torre de Lemos. Todos os dereitos reservados

Desenvolvido por